mércores, 20 de maio de 2020

Titorial SNAPPET

Aquí tedes unha pequena explicación do funcionamento de SNAPPET.
Non esquezas o nome de usuario nin a contrasinal.
Xa veredes como vos vai gustar!
Son actividades similares as traballadas na aula pero de xeito interactivo e virtual.

Este vídeo está feito pola mestra de 3º Mari, e resume como podedes acceder e movervos pola aplicación.



E despois do vídeo....
Aquí tedes o acceso á aplicación:

SNAPPET



Emprega a máscara de protección!

Protexe aos teus!


Lava as mans sempre que poidas!



martes, 28 de abril de 2020

mércores, 22 de abril de 2020

Día do Libro

Hoxe 23 de abril, queremos facer un Booktube entre todas e todos dende as nosas casas, para recomendarvos unha serie de libros que nos gustaron e dende aquí decirvos a todas e todos que axíña nos veremos!



Feliz Día do Libro confinado!
Feixes de apertas e bicos a moreas!

venres, 17 de abril de 2020

Para cando remate este pesadelo!


Os maios en cuarentena?

Nooon. Nós ímolo facer igual!

APETÉCEVOS CANTAR O MAIO?

Pois comezamos...


1.- Inventa unha copla con esta estructura 8 - 7a - 8- 7a.

2.- Agora toca cantar.
3.- Debedes comezar e rematar tocando as claves, culleres de pau, palmas...o ritmo que sempre faciamos no cole (ta - ta - titi - ta).
4. Grabade a vosa actuación e da montaxe encargámonos nós!
 

QUE VIVA O MAIO DA FLORIDA!!!

A data límite para entregar o vídeo será o luns 27 de abril.


Enviade o vídeo en horizontal e a letra da copla a: 

ceipafloridasanxenxo@gmail.com

Aquí vos deixamos un exemplo de como facelo! Hai unha copla e a base musical para que probedes vós!




Cando acabe a coarentena
moito imos disfrutar,

poderemos ir a praia
e todos xuntos xogar,

poderemos ir a paria 
e todos xuntos xogar.


Veña anímate a participar!